Skip to main content
Abadín

Abadín apraza ata o 18 a Feira de Santos polo temporal previsto

Por 3 Novembro, 2023Sin comentarios

Con todo preparado, e debido ás alertas por temporal previstas para este sábado, o Concello de Abadín decidiu aprazar a celebración da Feira de Santos, que terá lugar finalmente o día 18 deste mes.

Este ano haberá de novo concurso de gando no que se premiarán as mellores reses equinas e bovinas onde se repartirán un total de sete premios de cen euros. A entrega está prevista para as 14.00 horas.

Distinguirase o mellor exemplar bovino, equino, mellor cría bovina, mellor cría equina, maior número de cabezas de gando bovino e equino ou mellor exemplar equino de silla.

Non faltarán os postos de comida de polbo e churrasco e os expositores de diversos feirantes e artesanía. Rematará a festa cunha verbena pola noite.