
O Concello de Abadín, con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero, organizará o espectáculo Nabiza Girl, a cargo da actriz Isabel Risco.
Trátase dun espectáculo onde coñecemos a Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e poderes que proveñen do sulfato.
Este evento terá lugar o día 22 de novembro de 2023, no Salón de Actos Municipal, ás 11:30 horas.