Skip to main content
Abadín

Centos de persoas achegáronse a desfrutar da Feira de Santos de Gontán

Por 19 Novembro, 2023Sin comentarios

A Feira de Santos de Gontán, en Abadín, reuniu a centos de persoas que se achegaron para desfrutar da gandaría, a artesanía e a gastronomía nunha data que acumula dos séculos de vida.

O Campo da Feira de Gontán encheuse así de postos de roupa, alimentación, xoguetes e produtos de tempada como castañas, mel, noces… para que todos os veciños e visitantes puideran desfrutar dos produtos locais. Ademais, houbo tamén expositores de produtos artesanais que congregaron múltiples persoas.

Por outra parte, destacou a cantidade de gando equino e bovino que superou os 400 exemplares e aos que foron a ver persoas da comarca da Terra Chá, de Lugo e da Mariña.

Con todo, o Concello de Abadín organizou un concurso de gando que repartiu 700 euros en premios e tamén houbo unha comida popular na que participaron os veciños e na que se puido desfrutar do polbo.