Skip to main content
Abadín

O Concello de Abadín convoca un curso de Batucada

Por 23 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Abadín vén e convocar para a próxima fin de semana un curso gratuíto de iniciación á Batucada, dirixido a todas as idades e no que non é necesario ter coñecementos previos.

O curso terá lugar o día 2 de decembro, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00. a 19:00, mentres que o día 3 será de 11:00 a 13:30. Ás 18:00 horas terá lugar a actuación de fin de curso.

As persoas que desexen información ou anotarse poden facelo no teléfono 630 515 591.