Skip to main content
Ourol

Ourol acollerá un contacontos de Nadal e a visita de Papá Noel

Por 18 Decembro, 2023Sin comentarios

O edificio mulitusos de Ourol acollerá un contacontos de Nadal e a visita de Papá Noel para o vindeiro xoves 21 de decembro. Esta cita será ás 18.00 horas e está destinada a nenos a partir de 3 anos e as súas familias.

Para asistir será necesario anotarse antes do 20 de decembro no seguinte enlace. Para máis información será necesario chamar ao teléfono 982 559 019.

Ademais, dende a organización lembran que se poden levar as cartas de Papá Noel para entregarllas directamente.