Skip to main content
Ourol

O Concello de Ourol organiza un campamento de Nadal

Por 17 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Ourol organiza un campamento de Nadal dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos empadroados no concello.

Este campamento levarase a cabo dende o día 26 de decembro ao 5 de xaneiro (8 días) en horario de 10.30 a 13.30 no edificio multiúsos e Pavillón Polideportivo. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre os días 15 e 20 de decembro.

Os documentos para a realización da inscrición están dispoñibles no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello.

Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol 982 559 109 ou 677 489 457.