Skip to main content
Vegadeo

O Concello de Vegadeo organiza unha viaxe pola ruta dos beléns

Por 12 Decembro, 2023Sin comentarios

A Concellería de Igualdade e Benestar social de Vegadeo organiza unha viaxe a Villaviciosa para coñecer a ruta dos beléns.

Esta cita será o domingo 17 de decembro e a participación está aberta a toda a poboación. A saída farase ás 10.00 horas dende a estación de autobuses e volverase ás 20.00 horas.

O prezo da viaxe, de 30 euros por persoa, inclúe tamén o xantar no restaurante La Xana. Para máis información haberá que poñerse en contacto co Concello chamando ao teléfono 982 634 022.