Skip to main content
Vegadeo

Papá Noel fará unha parada en Vegadeo este sábado

Por 22 Decembro, 2023Sin comentarios

Este sábado, 23 de decembro, Papá Noel chega ao Comercio de Vegadeo a partir das 12.30 horas para que todos os veciños pequenos e non tan pequenos poidan coñecelo.

Fará unha obrigada e pequena parada na súa casa na praza do Concello, para saudar aos nenos e nenas, e recoller todas as súas cartas e desexos así como para sacarse unha foto con eles.