Skip to main content
Viveiro

O BNG de Viveiro mantén que a solución ás asociacións pasa pola creación dunhas bases de concorrencia para a adxudicación

Por 22 Decembro, 2023Sin comentarios

O BNG de Viveiro mantén que a solución ás asociacións viveirenses pasa pola creación dunhas bases de concorrencia competitiva para a adxudicación de subvencións.

“Tal e como defimos xa no 2021, cando o BNG se reuniu coas asociacións para poñer en común unha moción para aplicar subvencións por concorrencia competitiva, o BNG mantén que ea creación destas bases son necesarias para un reparto de fondos públicos en baixo criterios de obxectividade, concorrencia e publicidade que garantan transparencia”, di Miriam Bermúdez, voceira do BNG.

Unha proposta na que se defendía a participación das asociacións na elaboración do texto que establecería os criterios de adxudicación, “pretendendo acadar unhas subvencións concedidas en base a criterios consensuados. Posicionamento que se sustenta no reparto equitativo tal e como se fai en administracións superiores como a Deputación ou a Xunta de Galicia”, sinala Bermúdez.

De terse aprobada esta moción naquel momento, “as asociacións contarían cun documento que regularía e garantiría a correcta adxudicación das axudas, permitindo a correcta programación e organización da súa actividade”.