Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

O Concerto de Nadal do Concello de Sarria acollerá a actuación de tres agrupacións da Escola de Música

Por 12 Decembro, 2023Decembro 13th, 2023Sin comentarios

As Agrupacións da Escola de Música de Sarria Os Petapouco, A Minibanda e Clarisaxos actuarán o vindeiro día 20 de decembro no Concerto de Nadal do Concello.

Todas estas bandas levarán á Casa da Cultura, ás 19.30 horas, unha composición musical con tons de Nadal para que todas as persoas que queiran participar poidan desfrutar da música sarriá de forma gratuíta e aberta.

Así, estas tres bandas que actuarán porán a proba os seus coñecementos e traballo durante os anos nos que os profesores Manuel Montero (profesor de clarinete e saxofón) e José Luis García (profesor de percusión) instruíron a estes alumnos.