Skip to main content
Triacastela

O Concello de Triacastela anima á veciñanza a enviar fotos da Estrela de Nadal nas súas árbores

Por 21 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Triacastela volve poñer ás portas da súa Casa Consistorial a tradicional Estrela de Nadal do Concello como unha iniciativa para promover o ambiente festivo no municipio.

Así, desde o Concello animan a todos os veciños e veciñas a poñer esta estrela nas árbores de Nadal de todos os fogares de Triacastela e envialas por correo á dirección prensatriacastela@gmail.com ou a través dunha mensaxe privada en redes sociais.

Cantas máis fotos manden, máis se compartirá entre os veciños e veciñas do municipio esta iniciativa que fomenta, tamén, a cohesión entre os distintos fogares da contorna.