Skip to main content
Triacastela

O Concello de Triacastela convida aos seus veciños a unha Festa de Fin de Ano

Por 27 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Triacastela organiza unha Festa de Fin de Ano no polideportivo do Ceip Eduardo Cela Vila a partir da unha da madrugada para todos os veciños e veciñas do municipio.

Así, con esta festa de Fin de Ano, coa que se contará en directo coa actuación da solista Belehm Arencibia, todos os cidadáns de Triacastela poderán desfrutar dunha festa de fin de ano.

Ademais, haberá chocolate con churros para todos e todas as asistentes a partir das 05.30 horas da madrugada para quen consiga estar esperto a esas horas.