Skip to main content
BarreirosBurelaCervoComarca AMARIÑAXAFozMar AMARIÑAXAO VicedoRibadeoViveiroXove

Comezaron a chegar os pellets as praias da Mariña lucense

Por 9 Xaneiro, 2024Xaneiro 10th, 2024Sin comentarios

A vertedura de pellets de plástico está a estenderse a máis zonas da costa incluso chegando ata a Mariña lucense. Este vertido procedente de contedores do mercante ‘Toconao’ perdidos mentres navegaba en augas portuguesas estendeuse xa ata zonas da costa de Ribadeo, Barreiros, Cervo, Foz e Burela, segundo notificaron algúns concellos e a Asociación Noia Limpa.

O rexedor ribadense, Dani Vega, indicou que “as administracións decidimos, que aínda que a presenza de pellets fora pouca, era bo limpar e eliminar. Polo que se comezou a actuar con traballadores públicos, con palas, con cribos, con rastrillos e con luvas e elimináronse todos eses pellets que apareceron en dous areais: en Castros e en Illas”.

Vega subliñou, “nos quixemos actuar aínda que a súa presenza sexa pequena, pero desde logo nos consideramos que é mellor retirar eses pellets, en lugar de que estean por aí. Nos actuaremos sempre nesa colaboración institucional, coa Xunta de Galicia neste caso, con todas as administracións para que ese traballo sexa coordinado e dea resultados”.

O Concello de Barreiros está aplicando neste momento un protocolo de vixiancia nos areais para comprobar a magnitude da chegada de pellets á nosa costa.
Ata estes momentos, non se ten constancia dun incremento deste material nos areais de Barreiros. “Efectivamente, poden atoparse pellets; pero desgraciadamente é algo que se pode atopar habitualmente especialmente nalgúns areais e tamén en función da incidencia de mareas e correntes”, din dende o Concello.

“Traballamos tamén en elaborar protocolos de actuación dado que polo momento non existen no caso en que sexa preciso actuar, nos que se poida contemplar os métodos de traballo, seguridade das persoas e condicións de retirada; á vista da falla de datos sobre posible contaminación, composición, manipulado e seguridade nas actuacións. Neste sentido, trasladamos a nosa disposición a colaborar con outras administracións competentes na materia”, sinalan.

ADEGA. Desde Adega están en proceso de confirmar cos concellos a súa colaboración na recollida dos residuos para fixar as localizacións, das que proximamente te informaremos. Lembra que o voluntariado de Adega sempre conta cos correspondentes seguro de accidentes e permisos.
Se se quere participar nas tarefas de voluntariado pódese deixar o email no formulario da súa web. E logo haberá que estar atento ao correo electrónico e tamén ás redes sociales do colectivo medioambiental onde daráns máis información.