A Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos vén de confirmar as datas de celebración do Festival Aturuxo 2024 e que será os días 19 e 20 de xullo.
O obxectivo do Festival Aturuxo de Ourol é poñer en valor a cultura galega pois cada edición desta cita reúne a grupos e artistas de referencia no panorama musical tradicional.
Este festival conta con entrada e acampada de balde.