Skip to main content
Ourol

O Concello de Ourol conta cun servizo de fisioterapia a domicilio

Por 30 Xaneiro, 2024Xaneiro 31st, 2024Sin comentarios

O Concello de Ourol vén de informar dun servizo de fisioterapia a domicilio destinado a persoas dependentes con limitación de mobilidade ou sen contar co grao de dependencia que presenten igualmente mobilidade reducida.

As persoas que desexen acceder a este servizo deben contactar co servizo de fisioterapia do Concello de Ourol para poder valorar a súa idoneidade.

Así, deberán chamar ao teléfono 982 559 019 ou achegarse presencialmente á casa da cultura.