Skip to main content
Vegadeo

O TSXA respalda ao Concello de Vegadeo ao rexeitar o eólico de La Espina

Por 5 Xaneiro, 2024Xaneiro 6th, 2024Sin comentarios

O Concello de Vegadeo vén de recibir o respaldo do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias á súa decisión de rexeitar o plan especial do parque eólico A Espina, o primeiro que se tramita para o concello.

Así, desestimouse por considerar que é “incompatible cos intereses públicos que debe defender o Concello”. A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias desestimou o recurso contencioso-administrativo interposto pola empresa Espina Energy, S.L.U. contra o acordo ditado polo Pleno, aínda que contra o fallo cabe recurso.

O alcalde de Vegadeo, César Álvarez, valora positivamente a decisión do TSXA debido a que permite facer valer o interese xeral.

Para o Concello esta sentenza ampara o dereito da Administración local a decidir sobre o que se instala no seu territorio. Porque, o goberno local móstrase a favor das enerxías renovables, pero contrarios a que a comarca se converta nun “macro parque eólico”. De feito, a localización dos aeroxeradores deste parque estaba pensada para un monte que vertebra o concello e daría continuidade a outros parques eólicos existentes. Con todo, non se opoñen a buscar outras localizacións que poidan “achegar beneficios para os veciños e non supoñan impacto paisaxístico”.