Skip to main content
Vegadeo

O día 12 celebrase o Día polo Decrecemento en Vegadeo

Por 9 Xaneiro, 2024Xaneiro 10th, 2024Sin comentarios

O vindeiro venres día 12 vaise celebrar o Día polo Decrecemento. Unha festa na que se compartirán ideas, experiencias  en xuntanzas simultáneas por varias vilas do Noroeste peninsular .

Dende o colectivo Rede para o decrecemento decidiron descentralizar a convocatoria para reducir viaxes e empregar a data en proveito do proceso necesario de construción de comunidades locais resilientes, achegarse a máis persoas e difundir máis eficazmente o Congreso Internacional que terá lugar en Pontevedra este verán.

Trátase dunha convocatoria aberta a todas as persoas que senten que o sistema non camiña cara a mellor, que se vén unha transformación inevitable que convén planificar, e que sospeitamos que eses enormes titanics que son as administracións non van ser quen de modificar a tempo a súa deriva cara o iceberg, polo que cómpre e urxe ir reconstruíndo as comunidades locais”, din.

A xuntanza da Mariña – Occidente Astur será na Veiga, no Local de Asociacións, a partir das 19.00 horas. Ás 20.30 farán unha conexión con todas as outras xuntanzas para compartir as conclusións e a enerxía.