Skip to main content
A Pobra do BrollónAxenda RIBEIRASACRAXAChantadaMonforte

Confírmanse as datas de celebración do Festival 17º Ribeira Sacra, que será a finais de xullo

Por 4 Xaneiro, 2024Xaneiro 8th, 2024Sin comentarios

A oitava edición do Festival 17º Ribeira Sacra xa ten data de celebración: os vindeiros días 26, 27 e 28 de xullo, coincidindo en venres, sábado e domingo; segundo informou a organización.

Este evento, que o ano pasado acolleu a 3.000 persoas, supón unha combinación de música, patrimonio, arte, gastronomía e turismo na Ribeira Sacra que deixou o ano pasado arredor de 600.000 euros.

Así, adoita ter diferentes escenarios nos que se desenvolve a través de concellos como Monforte, Sober, A Pobra do Brollón ou Chantada, onde ademais de ter lugar concertos e desfrutar da gastronomía, os asistentes tamén gozan da paisaxe.