Skip to main content
Triacastela

A ITV agrícola estará en Triacastela do 14 ao 19 de xaneiro

Unha unidade móbil da inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase ata o Concello de Triacastela do vindeiro 14 ao 19 de xaneiro.

Así, todas as persoas interesadas en dispoñer deste servizo deberán pedir cita previa en sycitv.com ou a través do número 902 309 000.

O horario será de 09.00 a 13.30 horas pola mañá e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde, agás o 16, que só estará pola mañá.