Skip to main content
Triacastela

O comedor de Triacastela foi mellorado para o alumnado

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia vén de facer uns cambios no comedor do colexio de Triacastela co fin de mellorar as instalacións desta área do centro educativo.

Así, puxéronse ventás novas, un teito novo e as paredes e os tubos foron pintados para darlle máis cor á estancia onde comen as nenas e os nenos do colexio.

Desde o CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela agradecen estes traballos para poder desenvolver os labores do comedor e que os nenos estean máis cómodos que antes.