Skip to main content
Triacastela

O alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila segue aprendendo valores a través de distintas actividades

O alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela traballou a temática da violencia de xénero, levando a cabo, de forma progresiva e gradual diferentes actividades.

Así, fixeron vídeos de concienciación, análise de noticias reais en diferentes medios de información, actividades artísticas onde representaron situacións violentas e posibles solucións ante as mesmas ata, finalmente, producir o vídeo ‘O CEIP Eduardo Cela Vila di… NON’.

Na produción audiovisual o alumnado representa a Terra dende dúas perspectivas: a da violencia, amosando de forma gráfica e textual posibles situacións de violencia de xénero a través dun ollo; e os ollos da igualdade e da esperanza, incluíndo neles solucións e condutas para loitar contra esta grave problemática social.

Con esta actividade, o alumnado aprendeu termos e valores en favor da paz e da non violencia, polo que dende o centro seguirán traballando contidos á vez que adquiren valores e capacidades persoais.