Skip to main content
Ourol

A parroquia de Bravos, en Ourol, organiza unha festa de Entroido o luns 12

Por 5 Febreiro, 2024Febreiro 6th, 2024Sin comentarios

A parroquia de Bravos, en Ourol, organiza unha festa de Entroido o luns 12 de febreiro a partir das 22.00 horas con baile incluído. Nesta cita haberá degustación de produtos típicos do Entroido como son xamón, chourizos, orella e lambonadas.

A festa estará amenizada polo dúo Dilema e contará con grandes premios para os mellores disfraces individuais, en parella e de grupos.

A festa está organizada pola asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos.