Skip to main content
Ourol

Xa se pode solicitar o carné da Biblioteca de Ourol

Por 8 Febreiro, 2024Febreiro 9th, 2024Sin comentarios

A Biblioteca Municipal de Ourol vén de comunicar que xa se pode solicitar o carné de forma presencial. Tamén pódese facer o procedemento na seguinte páxina web. Unha vez feita a solicitude deberás acudir á túa biblioteca para verificar a túa identidade e obter o carné físico ou dixital.

Esta biblioteca ofrece ao longo do ano unha serie de actividades tanto para público adulto como para infantil, presentacións de libros, charlas e conferencias. Tamén houbo exposicións como a cedida polo Consello da Cultura Galega ‘O soño cubano da emigración galega’, ou a exposición de cadros de José Manuel Hermida Blanco, e a ruta indiana na que a biblioteca participa impulsando a recuperación do noso patrimonio cultural.

Ademais a biblioteca ofrece a todas as persoas usuarias o acceso á plataforma do libro electrónico, tanto en galego como en castelán; o acceso a máis de 900.000 títulos e 3.000.000 de exemplares a través do catálogo da Rede; servizo de wifi gratuíto e salas independentes para vídeo-conferencias ou para teletraballo.

Ademais dispoñen do préstamo de libros para infantil e adultos, un buzón de devolución de libros 24 horas, e a renovación dos préstamos desde a casa a través da conta que se facilita no momento de facerse socio.