Skip to main content
Ourol

Ourol acolle un curso para persoas coidadoras de persoas con demencia

Por 19 Febreiro, 2024Marzo 14th, 2024Sin comentarios

Dende o Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias de Viveiro, vaise a levar a cabo un curso para persoas coidadoras de persoas con demencia.

Esta actividade terá lugar os días 5 e 6 de marzo de 2024 no Edificio Multiusos do Concello en horario de 16.00 a 20.00 horas.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamando ó teléfono 982 559 109 ou 677 489 457.