Skip to main content
Ourol

Nova cita cos coches clásicos en Ourol o vindeiro 9 de marzo

Por 22 Febreiro, 2024Sin comentarios

Os afeccionados aos coches clásicos teñen unha cita ineludible o vindeiro 9 de marzo na explanada do Concello de Ourol. Alí terá lugar a V Xuntanza de Coches Clásicos Ourol que organiza Talleres Tuille.

A reunión comezará ás 10.00 horas coa recepción de coches e ás 11.30 será o paseo turístico que rematará ás 13.00 coa sesión vermú a cargo de Disco Móbil Conxuro.

Xa ao mediodía, haberá un xantar servido por Seiramar Eventos, que ten un prezo de 30 euros por persoa. As reservas poderán facerse ata o 5 de marzo chamando ao 711 728 817.

Pola tarde poderase gozar da entrega de premios ao coche máis antigo, máis lonxano e o mellor restaurado.