Skip to main content
Triacastela

As persoas interesadas xa poden participar nas xornadas de portas abertas para coñecer o colexio de Triacastela

Por 5 Febreiro, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

Comezan as xornadas de portas abertas no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, cun horario de visita aberto para as familias que queiran achegarse, contactando antes vía mail ou telefónica.

Así, as persoas interesadas en coñecer o centro educativo poderán saber que o horario é de 09.45 a 15.45 horas e inclúe transporte, comedor e servizo de madrugadores.

Ademais, no colexio contan con diverdas actividades extraescolares, como informática, inglés, obradoiros musicais, club de lectura do Oribio e clases de natación na piscina climatizada de Sarria.

Tamén contan cunha comunidade de aprendizaxe, aulas multigrao  e aprendizaxe emocional, individualizada e significativa.

O prazo ordinario de prestación da solicitude é do 1 ao 20 de marzo.