Skip to main content
Triacastela

Comezaron as comandas do Meco no colexio de Triacastela

O CEIP Eduardo Cela Vila De Triacastela celebra o seu Entroido a través das Comandas do Meco, que comezon onte, no que o Meco mandou ir vestidos dunha cor.

Durante toda esta semana o Meco dictará a orde diaria que os nenos, nenas e profesorado deberán cumplir, xa que o Meco pertence a unha lenda orixinaria do Grove e fai referencia a unha  persoa despótica que utilizaba o seu poder para humillar aos veciños do pobo.

Así, o 6 o Meco manda vestir con funda ou uniforme para traballar, o día 7 deberán disfrazarse dunha profesión, o día 8 deberán ir elegantes ao centro educativo e o venres 9 deberán desfilar de ferreiro.