Skip to main content
Triacastela

O alumnado do Ceip de Triacastela traballa nunha nova iniciativa, o Horto do Oribio

Por 26 Febreiro, 2024Febreiro 27th, 2024Sin comentarios

O alumnado do Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela está a desenvolver unha nova actividade para traballar a cooperación, o compañeirismo e o coidado pola natureza.

Así, esta consiste nos labores necesarios para conservar unha horta, chamada o Horto do Oribio, no que xa construíron os primeiros bancais cos ferramentas comúns como pas, cubos…

Este tipo de iniciativas nas que os nenos e nenas poden aprender oficios orixinarios da vida humana son bos para o seu desenvolvemento, ademais de supoñer una actividade dinámica que rompe co estudo das aulas.