Skip to main content
Triacastela

A Furgoteca celebrou o seu primeiro ano de vida cunha gran festa en Triacastela

Por 29 Febreiro, 2024Marzo 1st, 2024Sin comentarios

O Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela acolleu a celebración do primeiro ano de vida da Furgoteca cunha actuación a cargo de Cuentitis Musiquitis na que participaron escolares da vila, así como doutros concellos próximos, como Pedrafita e O Incio.

Desta maneira, todos os nenos e nenas puideron desfrutar, entre as 11.00 e as 12.30 horas, de actuacións musicais con contos, melodías que narran historias e chistes a ritmo de pop, rock, folk e rumba.

Na actividade, aderezada con xogos, retrousos, adiviñas e un toque de maxia, aínda que o que máis haberá son risas e o humor; tamén estivo presente a alcaldesa, Olga Iglesias, e usuarios e usuarias de varias Casas do Maior.