Skip to main content
Cervo

O XXI Concurso Gastronómico do Ourizo de Cervo xa ten gañadores

Por 7 Marzo, 2024Sin comentarios

Celebrouse a XXI edición do Concurso Gastronómico do Ourizo, a antesala da Festa declarada de Interese Turístico Galego, que terá lugar o sábado, 16 de marzo en San Cibrao.

Os pratos gañadores foron Ourizo da horta, da Bodega de Ana; Sándwich mariñeiro, da Bodega de Ana; e Nubes de erizo, de Las Titas.

Segundo as votacións do xurado, que premiaron aspectos como o sabor, a innovación, a presentación ou a sensación no padal.

O xurado estivo composto polo membro da asociación provincial de Cociñeiros de Lugo, Bruno Pena, polo vicedirector do IES de Foz Xosé Lois Ansemil e polo barista Iago Rivas.

“Parabéns aos premiados e moitas grazas a todos por participar neste certame para abrir boca á xornada principal na que se poderán degustar diferentes tapas co ourizo como denominador común, entre elas as gañadoras do certame”, dixeron dende a organización.