Skip to main content
Ourol

O Concello de Ourol crea unha unidade terapéutica para persoas con demencia

Por 19 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias de Viveiro, quere poñer en funcionamento unha unidade terapéutica (servizo de estimulación terapéutica para persoas con Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas).

Esta actividade será no edificio multiusos do Concello os mércores de 16.00 a 19.00 horas e é totalmente de balde. Para o seu desenvolvemento contarase con persoal especializado (traballadora social/educadora social e auxiliar de enfermería).

Con este recurso quérese dar resposta a un dobre obxectivo, por unha banda, proporcionar un recurso de respiro familiar para as persoas coidadoras e por outra manter as capacidades físicas e mentais das persoas beneficiarias e frear na medida do posible o proceso de deterioro.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamando ó teléfono 982 559 109 ou 677 489 457.