Skip to main content
BecerreáComarca LUGOXANavia de Suarna

Aberto o prazo para actividade das reservas da biosfera en Becerreá e Navia

Por 2 Marzo, 2024Sin comentarios

A Deputación de Lugo abriu o prazo para anotarse nas actividades da reservas da biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

En concreto, o día 9 de marzo en Becerreá farase a actividade A praga velutina na reserva: prevención e control de vespas velutinas. Será de 10.00 a 14.00 horas. Tamén os días 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril haberá un campamento medioambiental para nenos de 10.00 a 14.00 horas.

Xa en Navia, haberá un curso de enxerto os días 23 e 24 de marzo en horario de 16.30 a 20.30 horas, e o 15 e 22 de marzo un obradoiro de cestaría tamén en horario de 16.30 a 20.30 horas.

Todas as actividades son gratuítas pero con aforo limitado, polo que compre reservar praza chamando ao 982 227 812.