Skip to main content
Guntín

Guntín mellora os camiños de Nogueiras e Arriba de Ferroi

Por 17 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Guntín continúa a súa aposta por mellorar o municipio coa execución de varias obras. Nestes días están actuando nos camiños e nas pistas de Nogueiras, na Horta e tamén en Arriba de Ferroi. Nestes núcleos están a levar a cabo labores de mellora e acondicionamento do firme. Ademais, tamén traballaron no asfaltado e na canalización no núcleo de Constante.

Estas actuacións coas que pretenden facilitar a vida da veciñanza das súas 31 parroquias súmanse a outros proxectos do Goberno local como son a humanización do campo da feira de Grolos ou a creación dun novo aparcadoiro.