Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXADeportes RIBEIRASACRAXAMonforte

Xa está aberto o prazo para inscribirse na XIV Carreira Popular Concello de Monforte 2024

Abre o prazo para inscribirse na XIV Carreira Popular Concello de Monforte 2024, que se celebrará o domingo 28 de abril de 2024, tal como anunciara hai uns días o rexedor monfortino.

Trátase da edición número 14 deste xa tradicional evento deportivo na cidade, e neste senso, o rexedor monfortino subliñou que “seguimos adiante coa organización do que é un dos eventos deportivos máis importantes do noso Concello, e para elo todas as persoas interesadas en inscribirse na 14ª edición desta carreira, xa o poden facer, de xeito totalmente gratuíto, a través da páxina web ou da plataforma de inscricións”.

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.

En concreto, serán catro probas de menores de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros, tendo todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía ao carón dos Escolapios.

Diferentes probas

O evento contará cunha carreira absoluta de 10.000 metros cun percorrido completamente urbano, e catro probas de menores, de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía ó carón dos Escolapios.

O percorrido da carreira absoluta será o seguinte: Saída da Praza da Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avda. de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avda. de Galicia – Rúa Cardeal – Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía. Trátase dun percorrido de 5 km. ó que os participantes terán que dar dúas voltas.

Todas as carreiras, incluídas as carreiras de categorías menores, contarán cun sistema de cronometraxe con chip, a excepción da carreira de categoría mini que non é competitiva.

Os tres primeiros clasificados da carreira absoluta recibirán premio económico, obtendo o 1º e 1ª clasificada 300 euros, o 2º clasificado e clasificada 200 euros e o 3º e 3ª clasificada 100 euros.

Con respecto aos equipos, recibirán trofeo os tres mellores equipos mixtos de mínimo 4 compoñentes e un máximo de 6 clasificados na carreira absoluta. Os centros educativos de Monforte teñen a opción de realizar a inscrición colectiva ata o martes 16 de abril.