Skip to main content
Triacastela

A Furgoteca volverá a percorrer as parroquias de Triacastela o día 14

Por 7 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

A Furgoteca volve a Triacastela despois de celebrar no mesmo municipio a súa festa polo primeiro aniversario do servizo de bibliotecas de Galicia.

Así, o vindeiro día 14 a Furgoteca percorrerá as parroquias de Toldais, Santalla de Alfoz, Fomperlán, Cancelo, Biduedo e Triacastela desde as 10.50 ata as 15.30 horas.

Pola súa parte, o vindeiro 28 de marzo, a Furgoteca fará unha parada de 12.50 a 15.30 horas na parroquia de Triacastela para achegar libros, cómics, contos, música e cinema a pequenos e maiores.