Skip to main content
Vilalba

Vilalba prepárase para celebrar a Festa do Queixo San Simón

Por 12 Marzo, 2024Marzo 13th, 2024Sin comentarios

Vilalba prepárase para vivir os días 6 e 7 de abril unha nova edición da súa Festa do Queixo da San Simón da Costa, que leva aparelladas numerosas actividades cunha gran relevancia e onde o prato estrela é este lácteo de fama internacional.

A Feira do Queixo da San Simón da Costa chega á súa vixésimo oitava edición.

A localidade contara con dous días de feira novamente, que terán o seu punto de reunión na praza da Constitución, onde se colocarán os postos de artesáns e produtos gastronómicos.

O programa dará comezo o sábado día 6 ás 11.30 horas coa actuación musical de Buxos Verdes, ante de iniciar a primeira actividade, unha cata maridaxe de queixos San Simón con viños galegos. Estará a cargo de Mercedes González e Salomé Beiroa.

Pola tarde, será o tempo dos nenos, entre as 16.30 e as 19.00 horas con dous talleres, un de elaboración de queixos e o outro de cociña.

Xa ás 19.00 horas será a quenda do pregón no templete da praza que nesta ocasión corre a cargo do actor Sergio Pazos.
Logo da entrega de premios da proba BTT, a xornada rematará cun concerto de The Rapants na praza de Santa María.
A feira abrirá as súas portas ás 11.00 horas o sábado pero o domingo será máis madrugadora, ás 10.00. Durante o resto da mañá actuará o grupo musical Cerna de Árbol.

Novamente espérase que acudan un gran número de produtores de queixo San Simón, que combinarán os seus postos con outros de alimentación e artesanía, como todos os anos.