Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Lugokan arrasa no XIX Trofeo de Judo Cidade de Lugo

Por 8 Abril, 2024Sin comentarios

Este sábado a cidade acolleu o XIX Trofeo de Judo Cidade de Lugo no pavillón municipal, que supón a fase final escolar nas categorías infantil e cadete. Na proba, que serve como referente aos deportistas más novos de Lugo que practican esta modalidade deportiva, arrasou o club Lugokan que se fixo cun ouro, unha prata e 4 bronces.

Na categoría infantil do Gran Campionato Galego de Judo Escolar, Paula Trabado resulta gañadora na modalidade -40 Kg e  Sorina Georgiana Neblea acada o segundo posto en -57 Kg. Pola súa parte,  – Óscar García e Hugo Rivero quedan en terceiro lugar nas categorías -46 Kg e Hugo Rivero en -55 Kg.

No caso dos cadetes, Lidia Trabado e Adrián García tamén se fan co terceiro posto en -48 Kg e -50 Kg. Todos eles, menos Lidia, repiten categoría para a temporada que vén, polo que este resultados aseguran a boa dirección que está a tomar o club.