Skip to main content
Guntín

Ángel Pérez, futuro alcalde de Guntín: “Pilloume por sopresa, pero estes meses como concelleiro axudáronme”

Por 15 Abril, 2024Abril 24th, 2024Sin comentarios

O graduado en INEF e árbitro de fútbol de 28 anos converteríase no rexedor máis novo de toda a provincia tras o nomeamento de María José Gómez como conselleira de Medio Rural

O Goberno local de Guntín inaugura unha nova etapa tras a toma de posesión da actual rexedora, María José Gómez, como conselleira de Medio Rural e a súa renuncia a Alcaldía nun pleno extraordinario. Aínda que non se fixou a data da toma de posesión, Ángel Pérez Rodríguez tomará o relevo. Este licenciado en INEF e árbitro de fútbol de 28 anos, natal da parroquia de Santa Cruz da Retorta, leva menos dun ano como como membro do equipo de Goberno, pois entrou de número 9 nas pasadas municipais, celebradas en maio, cando o PP se facía con dez dos once concelleiros no municipio.

Tomar o bastón de mando, proceso que requirirá que o resto de concelleiros renuncien a ser elixidos alcaldes, pillouno por sorpresa. “Foi unha sorpresa total para min e tamén para María José, se mo contan fai unhas semanas non mo creo”, conta. A pesar da súa curta experiencia na corporación local onde se fixo cargo da concellería de Deportes, estes meses servíronlle para coñecer máis aos veciños. “Aínda que levo pouco, o bo é que estiven con dedicación total e absoluta para traballar para o Concello nas distintas actividades, que sempre me axuda máis a coñecer que chegar dende cero”.

Ocupar esa posición converterao no rexedor máis novo da provincia de Lugo e no segundo de menor idade de todo Galicia. “En política non hai moita xente nova e non sempre se aposta por ela, pero eu estou moi contento”. Pérez asegura que toma o relevo dos mellores. “Sei que María José me vai axudar. Vivín tanto o seu exemplo de Goberno como de Jesús Carreira que para min son dous exemplos a seguir”.

Ángel López cursou os seus estudos no CPI Tino Grandío e no IES Lucus Augusti, para logo graduarse en Ciencias da Actividade Física e o Deporte en A Coruña. O futuro alcalde, que forma parte das filas populares dende o 2019, ano que se afiliou a Novas Xeracións, é un gran amante do deporte, xa que exerce como árbitro da Real Federación Galega de Fútbol e práctica disciplinas como o pádel. Ademais de facerse cargo da área de Deportes do Concello de Guntín, era un dos monitores habituais dos cursos e actividades organizadas no municipio