Skip to main content
Lugo

Manekineko presenta o seu novo espectáculo teatral en Lugo

Por 1 Abril, 2024Sin comentarios

Manekineko representa Cancións amarelas, flores tristes no Gustavo Freire o vindeiro 4 de abril a partir das 20.30 horas. A peza achega a historia de catro persoas de idades, xéneros, crenzas e realidades socioeconómicas moi diferentes, que coinciden sempre no mesmo karaoke. Madrugada tras madrugada, as cancións e o alcohol mestúranse cos medos e cos problemas que os levan a refuxiarse neste lugar, onde constrúen os seus propios paraísos artificiais.

Nestas noites de festa hai música, pero tamén silencio; miradas cómplices e mal intencionadas; luces de cores que iluminan o escenario e sombras trala porta do baño; copas escachadas contra o chan e brindes até o amencer; corpos suorentos, tristes e cansos que procuran outros corpos igual de suorentos, tristes e cansos; tarxetas de crédito co saldo esgotado; maquillaxe e perfumes baratos; bágoas que mollan as flores de plástico coas que se decoran as mesas; frustracións, temores… Pero, sobre todo, anhelos. As entradas, que teñen un prezo de 5 euros, xa poden adquirise a través da web