Skip to main content
Lugo

A obra ‘Deixando a pel’ sobre o amor e a xuventude chega ao Gustavo Freire

Por 14 Abril, 2024Sin comentarios

O vindeiro 16 de abril chega ao Gustavo Freire a obra Deixando a pel da compañía de teatro da USC de Lugo como parte da 30 edición do Festival de Teatro Universitario. A peza, que se poderá gozar a partir das 20.30 horas, achega a danza entre varios mundos, varias personaxes presas da mesma historia que tratarán de sobrevivir nunha sociedade deshumanizada.

Mestura xuventude, amor, suicidio adolescente, disforia de xénero e crítica social. trátase dunha dramaturxia inspirada libremente na personaxe de Segismundo da obra A vida é soño de Calderón de la Barca, na película Laurence Anyways de Xavier Dolan e en múltiples investigacións e relatos anónimos.