Skip to main content
Abadín

O PSOE de Abadín denuncia o abandono do punto de recollida de plásticos en Galgao

Por 19 Abril, 2024Sin comentarios

O PSOE de Abadín denuncia o estado no que se atopa o punto de recollida de plásticos de uso agrícola de Galgao. Segundo indica o partido “levamos anos denunciando o seu estado de abandono”.

Segundo engaden o concello non procede a súa retirada “como si se está a facer noutras parroquias”. Afirman polo tanto que esta situación está a xerar un grave problema medioambiental aos veciños da zona.

Dende o PSdeG de Abadín instan ao Concello a que faga o seu labor e proceda de forma urxente a súa recollida xa que esta situación “está a orixinar un deterioro progresivo da contorna así como ao impacto paisaxístico derivado do estado de abandono no que se atopa”.