Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Álex Losada consegue o bronce no Open G1 de Croacia desta fin de semana

Alejandro Losada, máis coñecido como Álex Camba, vén de conseguir o bronce no Open G1 de Croacia que tivo lugar este fin de semana en Zagreb despois de gañar tres rondas contra Bulgaria, República Checa e Croacia “con gran solvencia”, defende o deportista.

Así, perdeu en semifinais contra o actual campión do torneo, co que tivo “unha pequena diferenza”, pero recoñece que era moi bo. A pesar de ter quedado bronce, Álex di que “a pesar diso, bastante ben”.

Por outra parte, na categoría por equipos, xunto cos seus compañeiros Carlos e Daniel, conseguiron o ouro que “nos deixa moi boas sensacións de cara ao Campionato Europeo que terá lugar en novembro. “Gañamos con solvencia e seguridade, polo que estamos moi contentos”, sostivo.