Skip to main content
Lugo

Paula Alvarellos será investida este xoves 18 de xaneiro alcaldesa de Lugo

Por 13 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Paula Alvarellos, a tenente de alcaldesa do Concello de Lugo ata esta mañá, será investida este xoves 18 de xaneiro alcaldesa de Lugo trala noticia de que Lara Méndez deixaba o seu cargo para entrar como número 2 da lista de candidatos de José Ramón González Besteiro á Xunta de Galicia.

O grupo municipal do Partido Socialista daba a coñecer a decisión no único anuncio oficial emitido polo Concello ao respecto. A noticia chega xusto ao día seguinte ao cese de Lara Méndez, axustándose aos prazos e a programación previamente comunicada.

Respectando a programación previamente comunicada, ao día seguinte no que a anterior rexedora de Lugo, Lara Méndez, fixo efectiva a súa renuncia ao cargo de alcaldesa, o grupo municipal socialista deu a coñecer o nome da persoa que a relevará nese posto: a actual voceira do Goberno e concelleira de Sostibilidade Urbana e Recursos Internos, Paula Alvarellos.

A noticia confirma o referido nestes últimos días polo equipo de Goberno, non só en canto á vontade de difundilo posteriormente ao cese da anterior mandataria local, en tempo e conforme aos prazos establecidos, senón tamén de darlle continuidade ao proxecto impulsado por ela en 2015 co que se materializou a segunda gran transformación de Lugo, garantindo así a estabilidade do Executivo e o acordo programático deseterminado para o mandato.

“A decisión é mostra da cohesión interna que nos une e froito dun proceso de reflexión e diálogo levado a cabo polos concelleiros e concelleiras dende a responsabilidade que implica o desempeño do servizo público, pero tamén dende a xenerosidade e a defensa do ben común. É, por tanto, un nomeamento de consenso, baseado na convicción de que todas e cada unha das persoas que integran o equipo resultan igual de valiosas, polo seu perfil, coñecementos e experiencia, independentemente do lugar que ocupan. Porque todas e cada unha resultan imprescindibles para acadar o obxectivo máis importante que temos: continuar traballando para que Lugo avance nun futuro de progreso, igualdade e prosperidade para todos e todas”, dixeron dende o grupo socialista.

MIGUEL FERNÁNDEZ

Miguel Fernández, concelleiro de Medio Ambiente e número 2 da lista ca que Lara Méndez concurriu ás pasadas eleccións, renunciará a asumir a Alcaldía.

José Tomé, presidente da Deputación, aproveitou para reestruturar o seu equipo e así delegará a área de Vías e Obras en Fernández Méndez co obxectivo de reforzar a representación institucional e a dirección política do Goberno provincial na nova etapa que se abre no panorama galego.