Turismo
Ourense pon o foco no termalismo como motor económico e de patrimonio para Galicia
O II Congreso Internacional da Xestión de Balneoterapia celebrado na cidade pon o foco no papel da auga termal como recurso sanitario, turístico e de desenvolvemento territorial para as vilas e cidades termais galegas
Luz verde ambiental, con condicións, a un novo camping de cabanas en Portomarín
O proxecto, que ocupará máis de 17.600 metros cadrados na parroquia de San Nicolao, deberá cumprir unha serie de condicionantes fixados tras a análise ambiental para garantir que non xere impactos relevantes na contorna
Donelle, en Sober, recupera a vida como espazo de formación e convivencia en plena Ribeira Sacra
O proxecto 'Guardabosques' rehabilitou unha casoa e dúas palleiras do século XVII para ofrecer formación, aloxamento rural e actividades comunitarias, cun investimento próximo aos 1,5 millóns de euros
Allariz celebra ata o 12 de outubro as súas XV Xornadas de Carne de Boi con 22 establecementos e xurado profesional por primeira vez
A localidade organiza do 25 de setembro ao 12 de outubro unha nova edición da súa cita gastronómica máis popular, con tapas a 3 euros, degustacións gratuítas, sorteos e música en directo os fins de semana
A Deputación de Ourense organizará en 2027 o V Congreso sobre Control Interno Local
A provincia reunirá a máis de 600 profesionais do sector público de toda España nun encontro que analizará os retos actuais da xestión e fiscalización das entidades locais
A asociación Cultural Segredos de Pantón organiza unha ruta de sendeirismo con parada nunha mina e un antigo priorado
A actividade percorrerá uns 6 quilómetros polo contorno fluvial e terá un custo simbólico, con acceso de balde para os menores de 12 anos
Fallados os VII Premios á excelencia do turismo e a gastronomía da provincia de Lugo
Os premiados son os viños de Ribeira Sacra, torneiros de Xermade, Enfariñada de Trabada, Ruta Arqueolóxica e a Feira Indiana de Santaballa
Unha praga de roedores na Oficina Municipal de Turismo leva o BNG a reclamar medidas de seguridade
Maite Ferreiro pide unha inspección das instalacións e tratamentos de desratización para garantir o benestar do persoal e das persoas usuarias
A Deputación de Ourense pon en marcha catorce roteiros guiados pola Terra de Celanova - Serra do Xurés para impulsar o turismo fóra de tempada alta
O programa 'Rutas que rexeneran' percorrerá os catorce concellos que forman este xeodestino entre setembro e outubro, comezando este domingo en Lobeira, co obxectivo de repartir a actividade turística ao longo de todo o ano
Monforte de Lemos participa este venres na 70ª Asemblea da Rede de Xuderías de España, que se celebra en Melilla
O encontro, que se desenvolve no Hospital del Rey, reúne de xeito presencial e telemático a representantes dos 27 municipios integrados na Rede, entre eles Monforte
O Castro de Caldelas celebra o xoves a XXIX Feira do Gando Vacún
O concello ourensán organiza unha nova edición desta cita gandeira, que inclúe xornadas de desinfección dos transportes, concurso e desfile de animais, ademais dunha comida popular no recinto feiral
Chantada remata con ampla participación a súa programación de astroturismo baixo o selo Starlight
Seis actividades gratuítas, entre elas un obradoiro para o sector turístico, xornadas de observación nocturna e un curso de astrofotografía, confirman o interese polo ceo nocturno deste municipio recoñecido como destino Starlight
ACoruñaXa | FerrolXa
A Deputación da Coruña reparte 2,24 millóns de euros entre 19 entidades para impulsar o turismo
As axudas permitirán desenvolver novos produtos turísticos, mellorar a xestión dos destinos e reforzar iniciativas como o Camiño Inglés, as Mariñas Coruñesas ou o Xeoparque do Cabo Ortegal
Cortegada ultima os preparativos para a ruta de sendeirismo 'San Cibrán – Meréns' do vindeiro 13 de setembro
A Asociación de Mulleres Rurais lembra que as inscricións para esta segunda parada das Rutas Culturais seguen abertas, con avituallamento e pincho incluídos por 10 euros
Chantada volve ser o punto de partida da Ruta Galifornia rumbo a León
Medio cento de motos parten de Chantada rumbo a León, atravesando a Ribeira Sacra, os Ancares e o norte de Asturias, nunha iniciativa que combina turismo, patrimonio e gastronomía
Monforte organiza dúas visitas guiadas e gratuítas ao barrio xudeu o vindeiro domingo
A localidade súmase á Xornada Europea da Cultura Xudía con dous percorridos comentados pola antiga zona de ámbito hebreo, dentro da programación do Verán Cultural
A Deputación de Ourense reparte preto de 1,5 millóns de euros entre concellos e entidades do tecido asociativo
A institución provincial aproba 47 acordos que combinan axudas para actuacións municipais con apoios a colectivos sociais, culturais, deportivos e de promoción turística do territorio
A Coruña prepara un plan de difusión para impulsar as rutas patrimoniais da Cidade Vella
O Concello deseñará materiais de promoción para dar a coñecer os itinerarios culturais e turísticos e diversificar a oferta patrimonial do centro histórico
O PSdeG-PSOE de Ourense celebra o avance cara á reapertura do balneario de Berán tras máis de vinte anos de espera
A formación socialista sostén que a recuperación deste recurso termal supón unha oportunidade estratéxica para Berán, o concello de Leiro, a comarca do Ribeiro e a provincia de Ourense no seu conxunto
Quiroga amplía a programación turística con tres novas propostas para descubrir o territorio
“Paisaxes Sonoras do Val da Seara”, “Segway Mini Aventura” e “Raíces e Ritmos das Montañas” desenvolveranse entre o 30 de agosto e o 12 de setembro
Turismo de Galicia apoia a declaración de interese internacional para a romaría da Virxe da Barca de Muxía
O informe destaca o valor cultural, patrimonial e xacobeo dunha celebración que reúne cada ano a miles de visitantes na Costa da Morte
A Asociación de Mulleres Rurais de Cortegada organiza unha ruta de sendeirismo por Meréns o 13 de setembro
A actividade, de nivel medio e 6,6 kilómetros de percorrido, forma parte do programa de Rutas Culturais polas parroquias do municipio e inclúe avituallamento e pincho ao rematar
GaliciaXa
En 2025, 160.000 turistas visitaron Galicia por motivos enogastronómicos, xerando 93,7 millóns de euros
Turismo de Galicia e as Rutas dos Viños avanzan na definición do enoturismo como elemento senlleiro do destino Galicia
Compostela segue a impulsar a súa demanda turística con máis de 150.000 estadías en xullo
Tamén cabe destacar que do 5 ao 10 de xullo celebráronse en Compostela os Xogos do Eixo Atlántico, nos que participaron máis de 2.000 deportistas galegos e portugueses




