Turismo
Samuel Moreno, cociñeiro de Nogueira de Ramuín, gaña o V Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia
O certame, celebrado en Esgos, no mosteiro de San Pedro de Rocas, reuniu a 45 profesionais da hostalaría das catro provincias galegas ao longo de dúas xornadas de competición
Chantada pecha o verán cun 33,4 % máis de peregrinos no Camiño de Inverno e novas nacionalidades
O municipio suma procedencias internacionais emerxentes como Romanía, Ucraína ou Xapón, mentres a Oficina de Turismo contabiliza máis de 3.300 visitantes entre xuño e setembro
Samos amosou o seu patrimonio natural nunha ruta fotográfica por Santalla
A actividade organizada por Comunidade-Fotowalk Galicia o pasado 17 de outubro combinou formación técnica, convivencia e visitas á Ruta Fiz Vergara Vilariño e á Cova Grande
As Xornadas Nacionais de Enfermeiras Xestoras contarán coa colaboración da Deputación de Ourense para a súa vindeira edición
O congreso, que se celebrará en abril en Santiago de Compostela, reunirá a máis de mil profesionais de Galicia, España, Portugal e Brasil baixo o lema do liderado na xestión enfermeira
A Deputación da Coruña organiza unha semana de visitas guiadas, espeleoloxía e obradoiros polas Xornadas Europeas do Patrimonio
Do 20 ao 25 de outubro, a provincia acollerá actividades gratuítas en diferentes enclaves patrimoniais, combinando propostas escolares entre semana e visitas abertas ao público durante a fin de semana
‘Descubrir Quiroga’ continuará este domingo cunha ruta entre aldeas e unha cata de aceite
O programa de dinamización turística, que percorreu na última saída varias fervenzas do municipio, ofrecerá unha nova actividade o 18 de outubro
As Xornadas de Carne de Boi de Allariz encaran o seu último fin de semana con degustación gratuíta e música en directo
Este sábado o Mercado da Reserva da Biosfera ofrece paté de fígado de boi con shiitake, e as tapas a 3 euros poden probarse ata o luns 12 de outubro
Sada estrea unha experiencia de turismo mariñeiro para poñer en valor a súa historia e cultura pesqueira
'Fillos do Mar' nace co apoio da Xunta para achegar visitantes ao patrimonio do porto, á lonxa e á tradición pesqueira da vila
Galicia amósase en Sevilla a través do patrimonio do Carballiño no Encontro de Casas Rexionais e Provinciais
O Lar Galego da capital andaluza dedica o seu stand a esta localidade ourensá para dar a coñecer os seus atractivos paisaxísticos, gastronómicos e termais ante visitantes de toda España
Xullo rexistra o menor número de peregrinos nos albergues públicos de San Cristovo de Cea
Os datos da rede de albergues públicos amosan un descenso nas pernoctacións de xullo respecto a meses anteriores, aínda que o refuxio de Cea se mantén como o segundo con máis afluencia de toda a Vía da Prata en Galicia
‘Descubrir Quiroga’ levará ao colexio unha xornada para coñecer produtos locais e música tradicional
A actividade celebrarase o 6 de novembro dentro do horario lectivo e permitirá ao alumnado coñecer o traballo de Caurelor e experimentar con instrumentos tradicionais da man da Fundación Legar
O Museo da Fábrica de Papel de O Carballiño rexistra unha alta afluencia nos seus primeiros días aberto ao público
O espazo, situado no Parque Etnográfico do Arenteiro, recibiu entre os seus primeiros visitantes a un grupo de medio cento de turistas procedentes de Madrid
O PSdeG-PSOE de Barbadás propón no pleno abrir e dinamizar o Museo Etnográfico de Loiro
O grupo socialista defende que este espazo, que reúne pezas e fotografías sobre a vida tradicional do século XX, pode converterse nun recurso cultural e turístico de referencia para todo o municipio
Cortegada organiza unha nova edición da súa ruta de sendeirismo con dous percorridos e saída desde o Campo da Feira
O Concello abre o prazo de inscrición para unha xornada de sendeirismo polo municipio, con dúas distancias a escoller e almorzo, avituallamento e comida incluídos
GaliciaXa
Fitur premia á Xunta pola súa aposta pola promoción dun turismo sostible e de calidade
O director de Turismo de Galicia recibiu os galardóns ao Mellor Stand na categoría de Comunidades Autónomas e ao Mellor Stand Sostible acadados coa proposta de Galicia na última edición de FITUR
O Viveiro dos Trollos supera as 1.500 visitas durante o verán
O espazo de Bóveda permanecerá aberto ata o 22 de outubro e ofrece visitas libres e guiadas con diferentes horarios
Quiroga inicia os traballos de acondicionamento do Castelo dos Novais
A actuación, financiada cunha axuda de 30.000 euros de Turismo de Galicia, inclúe a mellora dos accesos, a reparación dun muro e a renovación da iluminación
Eventos
A Deputación de Lugo entrega os VII Premios á Excelencia Turística a catro iniciativas
Os premiados: viños de Ribeira Sacra, torneiros de Xermade, Enfariñada de Trabada, Ruta Arqueolóxica e a Feira Indiana de Santaballa
O PSdeG propón sumar a Ourense á rede de destinos turísticos dixitais da provincia
A proposta busca aproveitar os recursos xa existentes, conectar as ferramentas municipais e provinciais, e deseñar percorridos sinxelos para coñecer a cidade en 24 ou 48 horas
A Merca súmase a 'Rutas que Rexeneran' cunha ruta polos seus miradoiros e degustación de mel o 17 de outubro
A xornada de sendeirismo percorrerá a zona da Canle do Ruca e rematará cunha cata dun dos produtos máis xenuínos da bisbarra
O Camiño de Inverno cumpre dez anos de recoñecemento oficial cun aumento do 16 % de peregrinos
Turismo de Galicia destaca o crecemento da ruta, que suma máis de 2.400 Compostelas en 2026, e repasa os investimentos realizados para mellorar os seus servizos e infraestruturas
GaliciaXa
A Deputación de Pontevedra sitúa as Rías Baixas como destino líder de Galicia tras superar os 700.000 visitantes no verán
A provincia incrementa máis dun 1% o número de visitantes entre xuño e agosto, medra preto dun 4% o turismo internacional e recibe 93.000 peregrinos, un 20% máis que no mesmo período de 2025
A Deputación de Ourense presenta en Termatalia a estratexia da Rede de Vilas Termais da FEMP
A sección da FEMP avanza no seu plan de turismo termal e en ferramentas de intelixencia turística, coa participación de máis de 70 entidades locais
O Carballiño abre ao público o Museo da Fábrica de Papel e remata o Parque Etnográfico do Arenteiro
O novo espazo museístico permitirá coñecer o proceso artesanal de elaboración de papel a partir de trapos, unha industria pioneira que se desenvolveu á beira do río Arenteiro a comezos do século XIX










