Universidade
Un investigador do CICA participa nun informe para orientar as políticas de electrificación en España
O traballo de Alberto García Fernández, investigador do centro da Universidade da Coruña, aborda o papel dos concellos e das comunidades autónomas nunha transición enerxética que require planificación e coordinación
O máster Erasmus Mundus RESCO de Ferrol abre a inscrición para o curso 2027/28
O programa internacional ofrece 35 prazas e 17 becas para cubrir matrícula, movilidade e manutención
A Xunta destina 15 millóns á UDC para impulsar a investigación e construír un novo edificio en Ferrol
O futuro Edificio de Investigación e Innovación da Industria Intelixente contará con 13 laboratorios e espazo para 175 investigadores; a súa finalización está prevista para finais de 2029
O Campus de Ferrol acolle un novo curso básico de formación en voluntariado
A formación combinou contidos sobre dereitos, traballo colaborativo e sostibilidade dirixidos a estudantado interesado en implicarse en causas sociais
A UDC convoca dez premios de 1.000 euros para traballos sobre cambio climático escritos en galego
A primeira edición dos galardóns Xosé Luis Armesto-As Mariñas Douradas financiarase no marco da doazón dun inmoble á universidade, vendido en poxa por 525.125 euros
O Festalent reúne en Ferrol máis de 50 empresas e entidades para conectar talento e emprego
A cuarta edición da feira, organizada polo Campus Industrial da UDC, conta cunha elevada afluencia de público e pecharase cunha conferencia de Pablo Amade sobre o poder das narrativas
O CHUAC constitúe a súa unidade docente para avanzar na descentralización do Grao de Medicina
O órgano está integrado por preto de 40 profesionais e estará coordinado por Javier de Toro, xefe do Servizo de Reumatoloxía do complexo hospitalario e catedrático da UDC
Alumnado de Xeografía da Universidade de Vigo visita Quiroga para coñecer o funcionamento do Xeoparque Montañas do Courel
Os estudantes percorreron distintos puntos do Concello para coñecer os recursos, os axentes locais e o modelo de desenvolvemento territorial vinculado a esta figura de protección
O Concello de Ferrol facilitará prácticas universitarias ao alumnado da USC durante o curso 2026/2027
A adhesión ao convenio coa Universidade de Santiago e a FEGAMP permitirá realizar prácticas académicas no ámbito da Administración local
Vivenda e cambio climático centran o novo acordo entre A Coruña e a USC
O convenio asinado pola alcaldesa, Inés Rey, e a reitora da universidade, Rosa María Crujeiras, permitirá elaborar estudos sobre o mercado residencial, as infraestruturas verdes e a coordinación metropolitana
A Xunta autoriza 13 millóns de euros para o novo edificio de investigación industrial da UDC en Ferrol
O centro EI3 situarase no campus de Esteiro e estará especializado en ámbitos como a enxeñaría naval, a robótica e o hidróxeno verde aplicado ao sector marítimo
Ferrol reúne tres expertos para analizar os avances da intelixencia artificial e a automatización
As conferencias celebraranse os días 15, 28 e 29 de outubro e abordarán os axentes de IA, o control automático no ciclo do hidróxeno e a inclusión tecnolóxica
O Campus Industrial de Ferrol achegará a cultura castrexa ao alumnado con obradoiros prácticos
A iniciativa inclúe tres propostas sobre os poboados castrexos, a cerámica e a indumentaria antiga, adaptadas a diferentes cursos de Primaria e da ESO
A UDC dedica outubro ao benestar con vinte actividades polo 40 aniversario de Ciencias do Deporte
A programación inclúe unha sesión de zumba contra o cancro de mama, un seminario sobre deporte inclusivo e encontros sobre fisioterapia e saúde mental
Tres videoxogos creados en Ferrol saltan ao escaparate internacional do SAGA Barcelona Game Fest
'Purgatory Hoops', 'Néboa’s Hut' e 'Splash on Contact' poderán probarse no evento catalán tras nacer como Traballos Fin de Máster na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Ferrol abre unha xanela cara a Asia para analizar como cambiará o mundo nos próximos anos
As IV Xornadas 'Ferrol no Mundo do Século XXI' reunirán expertos en relacións internacionais para falar de China, economía, investimento, cultura e das novas oportunidades para Galicia
Alicia Munín asume a codirección da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos da UDC e Navantia
A profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol toma o relevo de Ana Álvarez García e compartirá a dirección con Rafael Morgade
Eventos
Unha ecografía sen paciente e con intelixencia artificial: o proxecto da UDC e o CHUAC que acaba de ser premiado
EchoLab 4.0 crea unha contorna virtual na que estudantes e médicos poden practicar exploracións ecográficas, detectar erros e recibir orientación antes de chegar á práctica clínica real
O Castro de Esmelle volve escavar o seu pasado coa mirada posta nun posible edificio comunitario
A quinta campaña arqueolóxica do xacemento desenvolverase ata o 9 de outubro e dará continuidade aos achados realizados durante o verán
Que teñen que ver os bosques coas futuras pandemias? A Coruña buscará respostas
Expertos de 11 países reuniranse na UDC do 1 ao 3 de outubro para analizar como a perda de biodiversidade, o comportamento humano e a degradación ambiental poden favorecer a aparición de enfermidades zoonóticas
O BNG propón duplicar o financiamento universitario e reclama unha residencia pública en cada campus galego
Ana Pontón avanzou en A Coruña unha futura Lei do Sistema Universitario Galego que tamén endurecería os requisitos para a creación de universidades privadas
A Deputación de Ourense inaugura unha exposición sobre o legado do doutor Míguez e o termalismo
A mostra, enmarcada no II Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia que se celebra no Campus de Ourense, reúne libros, documentos e obxectos vinculados á traxectoria científica e investigadora do homenaxeado
O Campus de Lugo estrea un vídeo sobre a investigación en alzhéimer co gallo do Día Internacional da enfermidade
A Casa do Saber acolle o luns a presentación audiovisual que recolle as principais liñas de estudo sobre a doenza desde distintas áreas de coñecemento universitario
A Universidade da Coruña acollerá unha xornada estatal sobre a sustentabilidade das entidades de Plena inclusión
O encontro, que terá lugar o 24 de setembro no Paraninfo da UDC, reunirá profesionais para compartir estratexias sobre gobernanza, innovación, coidado dos equipos e sustentabilidade económica










