Cultura
Gatos Roxos organiza unha charla sobre saúde dixestiva e unha degustación de castañas
A primeira cita será este venres cunha conferencia da especialista Noelia Rodríguez Ferreiro, mentres que o sábado haberá unha degustación de castañas diante do local social
Burela celebrará este sábado a Festa da Castaña na Praza da Mariña
A programación comezará ás 17.00 horas con zonchos e actuacións musicais, mentres que a partir das 18.00 se repartirán cucuruchos a un prezo de tres euros
Friol acolle este sábado o espectáculo teatral infantil 'Cantaruxa Catuxa'
Esta narración oral teatralizada conta a historia de Catuxa e súa avoa Adolfina, que manteñen unha relación moi especial, estreitamente vinculada á música
Silvia Penas Estévez gaña o XXVI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño de Sarria
O xurado concede por unanimidade o galardón á obra 'Códice de meninxes', que destaca pola súa forza expresiva, a madurez da escrita e a profundidade emocional e reflexiva
Minguante presenta este sábado na Casa-Museo Manuel María o seu novo traballo
O traballo, composto, producido e interpretado por eles dous, contén oito temas e hai algunha colaboración como a de Caxade na canción 'Rapaz'
Son de Corda reivindica na Pobra do Brollón a obra de poetas vinculadas á montaña lucense
A formación vocal combina música e poesía nunha cita que homenaxea a autoras contemporáneas con vínculos a este territorio, entre elas Olga Novo
A artista gráfica Mª Fe Quesada recibe a homenaxe anual polo Día da Ilustración de 2027
A autora destaca por unha ampla e recoñecida traxectoria en publicacións de literatura infantil e xuvenil de Galicia
Escritores e especialistas na mitoloxía galega daranse cita esta fin de semana en Vila das Lendas
Pontedeume acollerá sete encontros os días 7 e 8 de novembro con conversas sobre a memoria da vila, a literatura fantástica, os seres mitolóxicos e o folclore
Trabada recupera os seus ciclos teatrais cunha función mensual ata xuño de 2027
O Colectivo Cultural Ollomao abrirá a programación o 7 de novembro, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura, cun novo horario para facilitar a asistencia
Tarabela Creativa regresa a Culleredo cunha comedia sobre o pai dunha actriz e Mick Jagger
A compañía lucense representará 'O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger' este venres, 6 de novembro, ás 20:30 horas, no auditorio do Burgo; as invitacións son gratuítas
O COAG acolle unha conferencia da directora do Museo Arqueolóxico Nacional sobre o presente e o futuro da institución
Isabel Izquierdo Peraile repasará a historia do museo, os seus fondos e a reforma integral realizada entre 2008 e 2014 nunha charla que terá lugar ás 19:30 horas na sede do COAG en Lugo
O Cineclube Ateneo de Monforte estrea programación de novembro con máis variedade de xéneros e formatos
A segunda tempada incorpora cada mes unha proxección en versión orixinal subtitulada e unha sesión escollida por votación popular, ademais de sumar dous novos colaboradores á selección de contidos
A AC Osorio Gutiérrez de Lourenzá impulsa a creación de dous clubs de lectura
A asociación presentará a iniciativa nunha primeira reunión o martes 10 de novembro, ás 20.00 horas, no seu local
Os Bolechas regresan a Ordes coa súa nova aventura musical ‘Aquí hai moito ruído!’
A familia máis popular da animación galega actuará este sábado 7 de novembro, ás 12.00 horas, no auditorio María del Carmen Regueira Amor da Casa da Cultura
O BreaSon celebra en Mondoñedo a súa quinta edición cunha ampla aposta pola música galega
A cita organizada pola Asociación Xuvenil Xoldra combinará concertos, tradición, gastronomía, obradoiros e actividades culturais con entrada gratuíta
A biblioteca de Arteixo incorpora un mural de Manuel Suárez Casal para inspirar aos usuarios da aula de estudo
A obra, titulada 'O espertar da sabedoría', está inspirada na deusa Atenea e no coñecemento como fonte de claridade e reflexión
O Parlamento de Galicia recoñece a traxectoria da mestra mindoniense Andrea López Chao
A homenaxe institucional recupera a figura dunha pioneira da educación e do asociacionismo galego na Habana, cuxo legado foi reivindicado nos últimos anos con investigacións, unha rúa, un documental e diferentes actos conmemorativos
GaliciaXa
A RAG e a Fundación Barrié abren a campaña para elixir a Palabra do Ano
As suxestións do público recolleranse ata o venres 20 de novembro ás 23:59 horas a través do Portal das Palabras
A Capela de Santa María acolle unha exposición fotográfica sobre o oficio tradicional de ferreiro
Laura Alonso inaugura este venres 6 de novembro 'O Ferreiro de Riotorto. Unha Sinfonía en Catro Tempos', un proxecto dedicado ao seu pai e á tradición artesanal
O ciclo Xoves na Biblio das Pontes continúa en novembro cunha nova programación de actividades
A proposta inclúe espectáculos de narración oral, teatro de monicreques e un obradoiro de artesanía para diferentes idades, con citas todos os xoves do mes
Vilalba acolle a proxección da longametraxe San Simón dentro do ciclo Mestre Mateo 2026
A película de Miguel Ángel Delgado poderá verse este sábado, ás 20.00 horas, no Auditorio Municipal, con entrada gratuíta e reserva previa de localidade
O monólogo 'Oh, mammi blue' chega este venres a Neda con humor negro e unha visión irreverente da maternidade
O espectáculo, protagonizado por Helena Varela, representarase ás 20.30 horas na Casa da Cultura e as entradas xa están á venda por dous euros
GaliciaXa
A Filmoteca dedica a carteleira deste mes a Rafael Azcona, a Keisuke Kinoshita e a James Benning
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude conmemora na cinemateca pública o centenario do nacemento do guionista cunha escolma dos directores cos que traballou
O Osa do Mar de Burela recibe o Premio PALCO ao mellor evento cultural ou musical de Galicia
O certame burelao impúxose na súa categoría fronte ao PortAmérica e ao Resurrection Fest na segunda edición destes galardóns da industria musical galega



