Empresa e industria
Mercar nos comercios de Arteixo pode ter premio cun sorteo de 100 euros en vales de compra
A campaña 'Con A de Arteixo', impulsada pola Asociación das Empresas de Arteixo (AEMA), desenvolverase do 29 ao 31 de outubro e permitirá participar rexistrando os tíckets de compras superiores a 10 euros
A fábrica de Indra nas Pontes poderá producir 80 vehículos militares ao ano e prevé crear ata 120 empregos directos
A fábrica deu este mércores un novo paso cara á súa posta en marcha coa presentación oficial dun proxecto que aspira a converterse nun dos referentes da industria de defensa en Galicia
GaliciaXa
Lazan unha nova edición dos bonos Activa Comercio con outros 2,5 millóns de orzamento
Rueda resalta que os consumidores poderán descargar os bonos, con ata 30 euros de descontos, “desde este mércores” e estarán activos ata esgotarse o crédito inicial
GaliciaXa
Unha nova liña de axudas reforza a presenza das pemes nos sectores da seguridade, da defensa e do aerospazo
Os apoios convocados ata agora evidencian o interese das pequenas e medianas empresas galegas por se incorporaren á cadea de valor desta industria
Taboadela aproba de forma definitiva as normas de uso do espazo de coworking de Lama de Prado
Contará cun local equipado para pequenas empresas nos seus primeiros pasos, con cotas mensuais de 50 euros e horario ampliado polas tardes
Os sindicatos ameazan con manter as protestas no transporte de mercadorías da provincia da Coruña se non se retoma a negociación
CCOO, UGT e CIG concentráronse no polígono de Río do Pozo, en Narón, para reclamar á patronal avances no convenio colectivo e melloras salariais e laborais
A Inspección de Traballo abre un expediente sancionador por irregularidades laborais no parque eólico das Somozas
A CIG denuncia incumprimentos nos descansos semanais, no pagamento das horas extraordinarias e nas dietas por parte dunha empresa de mantemento eólico, á que acusa de non corrixir as deficiencias detectadas
Ordes abre a inscrición para o concurso gastronómico 'Saborea o outono'
Os bares e restaurantes poden anotarse ata o 10 de novembro para participar nun certame que se celebrará os días 20 e 21 e ofrecerá petiscos a un prezo único de dous euros
Dez proxectos emprendedores optan aos XVI Premios Ronsel, que se entregan este xoves en Mos
Os tres premiados recibirán 1.000, 500 e 300 euros, respectivamente
COHEMPO promove 'Somos de Barrio' para dinamizar o comercio local das Pontes
A campaña desenvolverase do 19 ao 29 de outubro e sorteará 100 bolsas e 50 camisetas de edición limitada entre as persoas que merquen nos establecementos adheridos á asociación
GaliciaXa
Rueda anuncia que a Xunta aproba a primeira Estratexia Galega de Innovación Empresarial con más de 400 M€
A conselleira de Economía destaca que se busca industrializar a innovación para xerar novos produtos e emprego cualificado e de calidade na comunidade
Entrepinares recibe tres millóns de euros da Xunta para emprender o seu plan de investimento en Vilalba
O financiamento enmárcase nos plans de desenvolvemento industrial da compañía e impulsará o proxecto de produción de queixo cottage na fábrica chairega, xunto con outras iniciativas
GaliciaXa
A CIG esixe que se priorice o mantemento da actividade das empresas Frigodeza, Nucamsa e Rivero
Demándalle ao administrador concursal que opte polas ofertas neste sentido e adopte medidas de vixilancia para evitar a venda de activos
Empresarias Galicia celebra dez anos de liderado co seu X Congreso Empresarial en Vigo
Baixo o lema “Acción e Implicación”, o encontro reunirá o vindeiro 14 de outubro a líderes do ámbito industrial, a comunicación, a psicoloxía directiva e o emprendemento
As Pontes busca novas alianzas empresariais para reforzar a industria e o emprego
Valentín González Formoso mantivo un encontro con empresarios locais no que abordaron o relevo xeracional e a diversificación económica do municipio
Miguel Fernández aborda co empresariado do Ceao e As Gándaras os retos das áreas industriais de Lugo
O candidato socialista presentou as principais liñas de Lugo 10 e recolleu demandas sobre seguridade, iluminación, mobilidade, transporte público e novas infraestruturas
Castañas, obradoiros e compras con premio para celebrar o Magosto en Arteixo
A festa será este venres 9 de outubro e incluirá actividades para nenos e adultos, ademais de cucuruchos de castañas de balde por compras superiores a 10 euros
Eventos
O conflito no transporte de mercadorías da provincia da Coruña medra e xa ten tres novas mobilizacións convocadas
CCOO, UGT e CIG retoman as protestas ante o bloqueo do convenio e reclaman recuperar poder adquisitivo, mellorar a xornada e cobrar os tempos de presenza
Últimos días para presentar candidaturas ao XXVII Premio Emprende Coruña
As empresas e persoas emprendedoras da provincia poderán presentar os seus proxectos ata o 16 de outubro
O MITECO abre o concurso para adxudicar 600 MW no nudo de transición xusta de Maciñeira
Vinculado ao peche da central térmica de carbón das Pontes, o texto dá continuidade á consulta pública previa iniciada en abril e xa pode ser consultado
Caixa Rural Galega conmemora en Lugo o seu 60 aniversario con preto de 200 empregados
A entidade reuniu na finca Val Dúas Soños o seu persoal actual e xubilado xunto aos membros do Consello Reitor para celebrar seis décadas de historia
O talento empresarial feminino da provincia de Lugo dáse cita en Antas de Ulla
O encontro, organizado por AELU no Parque Central de Galicia, reuniu unha vintena de participantes de distintos sectores para intercambiar experiencias e crear novas sinerxías
A CEO impulsa un programa piloto para que as pemes ourensás elaboren os seus primeiros informes de sostibilidade
A iniciativa, enmarcada en Conecta Ourense, ofrecerá acompañamento técnico durante dous meses a cinco empresas para que aprendan a comunicar as súas prácticas ambientais, sociais e de bo goberno
GaliciaXa
Galicia fixa os dez domingos e festivos nos que o comercio poderá abrir en 2027
As xornadas habilitadas serán o 3 e 10 de xaneiro, 25 de marzo, 27 de xuño, 31 de outubro, 28 de novembro e 5, 12, 19 e 26 de decembro








