Cultura
Galicia Ilusiona regresa este 2026 coa actuación de seis figuras internacionais en oito cidades
Tras catro edicións, o evento converte a comunidade en referente da maxia do 20 de novembro ao 13 de decembro
Un obradoiro infantil sobre Pinocho conmemora o bicentenario de Carlo Collodi en Narón
A actividade celebrarase este sábado na Biblioteca municipal de Narón e combinará narración oral coa elaboración dunha marioneta; as inscricións abren mañá ás 16.00 horas
Tres días de literatura, mitoloxía e Samaín pechan a primeira edición de Vila das Lendas en Pontedeume
O festival reuniu autores como Francisco Castro, Pedro Feijoo e David das Tebras nunha programación que combinou encontros literarios, cinema, música, actividades infantís e propostas arredor da tradición oral galega
A monfortina Fátima Donado competirá coa súa curtametraxe ‘Capinurí’ no festival internacional PÖFF Shorts
A curtametraxe, rodada na Amazonía peruana, foi seleccionada dentro da competición internacional dun certame con clasificación A-List
A Asociación Cultural Huhu organiza un obradoiro creativo para nenos e nenas de 3 a 12 anos
A actividade, titulada 'Ponlle son á cor!', será impartida por Mercedes Cabada o sábado 14 de novembro na SEDE - Núcleo Difusor de Arte Contemporánea e contará con 15 prazas
Maceda acollerá o día 14 de novembro unha mesa redonda sobre o compromiso ético
O encontro, impulsado polo Club Lectores de Maceda coa colaboración do Concello, reunirá a tres participantes no salón de plenos municipal
Mónica Prego presentará en Ordes dous libros dedicados á gastronomía galega
O encontro terá lugar o venres 20 de novembro, ás 20.00 horas, na Biblioteca Municipal, coa presentación de Moncho Vilar e a participación de Cris Alonso
Vilalba acollerá unhas xornadas sobre inmigración con relatorios, música e dúas exposicións
A Casa da Cultura reunirá os días 13 e 14 de novembro relatorios sobre mediación intercultural, desinformación e diversidade migratoria, xunto cunha intervención musical e dúas mostras abertas ata decembro
A Deputación de Lugo leva o porco celta ao festival Breason de Mondoñedo cunha cata dirixida á mocidade
Medio cento de persoas participou nunha degustación de petiscos elaborados con esta raza autóctona, maridados con cervexa, no arranque da segunda xornada do festival
Leña Verde organiza un obradoiro de iniciación ao baile galego en Pol
A actividade celebrarase o domingo 15 de novembro na carballeira de Mosteiro, con Artur Puga como mestre, e terá un prezo de 35 euros
A Pontenova reunirá anticuarios, artesáns e vehículos clásicos na súa feira de decembro
A cita contará con 28 anticuarios, unha vintena de expositores de alimentación, demostracións de oficios tradicionais e a décima xuntanza de vehículos clásicos
A música tradicional soará nas Somozas coas actuacións de Os Tafornelos, Tocata' Xou e as Tocadeiras
O concerto celebrarase o 13 de novembro no Centro Cívico Sociocultural, despois da estrea do documental 'O Seixidal, unha viaxe ás nosas raíces'
O club de lectura de Torbeo volve xuntarse para falar da emigración galega a Cuba en Ribas de Sil
A escola desta parroquia rural acollerá un novo encontro literario aberto a calquera persoa interesada, sen necesidade de residir na zona nin pertencer á asociación organizadora
O Vicedo abre novembro cunha obra de teatro infantil este domingo
O Concello inaugura un mes marcado pola actividade teatral cunha representación a cargo de Parápono Teatro
Valdoviño presenta a súa programación cultural de novembro, con música, teatro e charlas informativas
O auditorio municipal acollerá espectáculos de maxia, música e artes escénicas ao longo do mes, ademais dunha charla sobre trámites notariais e un ciclo dirixido á comunidade escolar
A Deputación de Ourense presenta ‘Cruzando o mar intransitable’, unha viaxe pictórica entre Galicia e Nova Zelandia
O Centro Cultural Marcos Valcárcel reúne 23 obras, varias delas de gran formato, que afondan na relación entre o ser humano e a paisaxe a través da mirada dun artista repartido entre dous continentes
Laura Alonso retrata o oficio de ferreiro nunha exposición fotográfica en Lugo
A mostra permanecerá aberta ata o 20 de decembro e combina imaxes con fragmentos de conversas reais
Eventos
A agrupación teatral Xa-Tá representa este domingo en Pol a comedia 'Por un puñado de grelos'
A obra, escrita por Guillermo Canceló, comezará ás 17.00 horas na Casa da Cultura
O Madia Leva presenta o libro 'Begonha Caamanho, uma das nossas' este sábado
O acto celebrarase ás 12:30 horas no centro social e contará coa participación das autoras, Lara Rozados e Isaac Lourido, e da profesora Merce Teixeiro
Mondoñedo homenaxeará a Francisco Piñeiro o sábado coa entrega do título de Fillo Predilecto
O acto terá lugar no Auditorio Municipal Pascual Veiga e incluirá intervencións de persoas vinculadas ao homenaxeado, actuacións musicais e a entrega da distinción
JADE4, a banda galega que converte a nostalxia e as experiencias persoais en cancións: 'As nosas letras son sempre persoais'
Falamos co trío formado por Nuria, Lucía e Uzal sobre as súas raíces galegas, a evolución musical da banda, a escena independente e o lanzamento de 'Cicatrices', o vindeiro 27 de novembro
Juan Galán recupera en Neda a historia dos republicanos españois deportados e explotados polos nazis
O escritor presentará o xoves 12 de novembro na biblioteca municipal o seu ensaio 'Rotspanier', centrado no exilio en Francia entre 1939 e 1945 a través da historia dun miliciano galego
Pantón retoma o obradoiro de teatro interxeracional para abordar a violencia de xénero
A actividade, que recupera unha iniciativa desenvolvida o ano pasado, combina técnicas de improvisación teatral co traballo en igualdade e comezará no Edificio Sociocultural
Tres proxectos galegos gañan os premios da categoría de disc-jóckey do Xuventude Crea 2026
As propostas de Ponteareas, Vigo e Bergondo acadaron o primeiro, segundo e terceiro posto, respectivamente, na final celebrada na Coruña










