Actualidade
San Amaro rexistra o primeiro caso de lingua azul do serotipo 8 detectado en Ourense en 2026
Trátase do sexto foco notificado este ano en Galicia desde que en abril rematou o período de inactividade do insecto transmisor, e recoméndase a vacinación voluntaria do gando bovino e ovino
A ourensá Marta Vázquez Guzmán toma posesión como nova directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
O acto de toma de posesión celebrouse no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela
CCOO denuncia que os bombeiros forestais de Chantada levan seis anos agardando por unhas instalacións dignas
O sindicato reclama o traslado do punto de encontro do Distrito Forestal VIII - Terra de Lemos, que arrastra dende 2016 deficiencias detectadas e nunca corrixidas, entre elas unha única ducha para homes e mulleres
A Marcha Mundial das Mulleres pide a Inspección Educativa información sobre as presuntas agresións machistas no IES Xulio Prieto Nespereira
O colectivo feminista denuncia que as familias non recibiron ningunha chamada malia solicitar semanalmente unha reunión, e advirte de que un dos presuntos agresores continúa no centro mentres as alumnas seguen relatando episodios de violencia
A ITV móbil visitará Valdoviño en novembro con paradas en Lago e Vilaboa
As inspeccións realizaranse nos aparcamentos das cooperativas de Lago e Vilaboa, con cita previa a través do teléfono 981 928 080 ou da web de SYC ITV.
A Valedora do Pobo require ao Concello de Oleiros que responda a unha solicitude de información do PSOE
A institución constata que a petición presentada por dous concelleiros o 1 de febreiro non recibiu unha resposta expresa e dá ao Concello un mes para cumprir o requirimento
O BNG levará ao Pleno unha moción de apoio ás 24 familias coruñesas ameazadas de desafiuzamento
Avia Veira comprométese a buscar o apoio de todos os grupos municipais mentres o PP reclama utilizar vivendas municipais baleiras para atender ás familias afectadas
Unhas 120 persoas volven saír á rúa en Miño para reclamar un transporte escolar digno
As familias denuncian que o autobús de 49 prazas volveu esta semana mentres reclaman unha solución estable para o alumnado
Case 900 sinaturas reclaman unha actuación urxente para recuperar o miradoiro de A Espenuca
A veciñanza pide retirar a vexetación, garantir a seguridade na contorna da igrexa e recuperar as vistas dun dos principais balcóns paisaxísticos das Mariñas
Xosé Luís Méndez Ferrín gaña o V Premio Carlos Casares de Xornalismo Literario
O xurado recoñece por unanimidade unha carreira que inclúe colaboracións en varios medios galegos e trece anos á fronte dunha sección semanal en prensa
GaliciaXa
A CIG comeza o seu calendario de mobilizacións previas á folga xeral prevista para novembro
O sindicato inicia unha serie de asembleas comarcais e concentracións en varias cidades galegas para reclamar medidas urxentes fronte á suba dos prezos e o acceso á vivenda
O PSdeG reclama á Xunta os investimentos nos colexios e institutos da Coruña ante as queixas polos seus problemas
Silvia Longueira cuestiona que a Administración autonómica non dispoña dun rexistro único dos investimentos e sinala as protestas en centros como Zalaeta ou Prácticas
Narón abre o prazo para revisar o Censo Electoral antes das eleccións ás Cortes Xerais
A veciñanza poderá comprobar os seus datos do 12 ao 19 de outubro e presentar reclamacións se detecta algún erro
Os traballos no encoro dos Peares condicionan as rutas en catamarán polo Miño
A baixada temporal do nivel da auga impedirá inicialmente as viaxes desde Belesar os días 12, 17 e 18 de outubro, con opción de cambiar ao percorrido polo Sil
Jorquera despide a Beiras como unha das grandes figuras do nacionalismo galego contemporáneo
O portavoz do BNG na Coruña lembra a pegada persoal e política do histórico dirixente e destaca a súa enorme capacidade intelectual
Remata en Allariz unha nova edición da campaña 'Merca no teu comercio' coa entrega de premios aos participantes
A iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Federación Galega de Comercio, percorre distintas localidades galegas sen grandes superficies comerciais para fomentar as compras nos negocios de barrio
ACoruñaXa
O BNG leva ao Parlamento as queixas polos autobuses cheos e os usuarios que se quedan en terra na comarca da Coruña
Iria Taibo reclama á Xunta que deixe de xustificar as deficiencias polos contratos actuais e priorice as necesidades dos miles de persoas que dependen cada día do bus para chegar á Coruña
Eventos
A Coruña acollerá un obradoiro gratuíto para mellorar o tratamento xornalístico da violencia de xénero
A formación celebrarase o sábado 17 de outubro e está dirixida a profesionais da información, con prazas limitadas e inscrición previa
Ferrol mobilízase contra o fascismo e o racismo tras os ataques sufridos pola Cruz Vermella
A manifestación deste venres partirá ás 19.00 horas da rúa Dolores e rematará na praza de España baixo o lema 'Fascismo nunca máis'
Os obxectos privados dos Franco que saíron de Meirás xa están á venda nunha poxa en Madrid
Preto de 700 lotes, entre mobiliario, cadros, porcelanas, fotografías e pezas decorativas, serán ofrecidos os días 26 e 27 de outubro despois de que a familia retirase os seus bens do pazo de Sada
ACoruñaXa
O BNG leva ao Parlamento as queixas polo transporte metropolitano da área da Coruña
Iria Taibo reclama á Xunta melloras ante a saturación dos autobuses, os problemas das liñas e a falta de información ás persoas usuarias
As familias de Zalaeta esixen á Xunta os informes sobre o amianto e garantías para o alumnado
A comunidade educativa concéntrase ante a Delegación Territorial na Coruña para reclamar información sobre a calidade do aire e coñecer o estado das obras que continúan no instituto
A ITV agrícola desprazarase a Ordes este outono con novas datas para tractores e maquinaria
A unidade móbil estará no polígono empresarial de Merelle e na nave do Mesón entre finais de outubro e mediados de novembro
GaliciaXa
Preto de 370 mulleres da provincia incorpóranse esta semana ás novas actividades de +Xuntas
A Deputación de Pontevedra destina preto de 700.000 euros ao programa, que este ano contempla 207 obradoiros en entidades de 53 concellos.










